fbpx
dixitaliza o teu negocio
Antes de que rompas o ordenador, queremos que saibas que te podemos axudar a crear a web e a escribir uns textos cos que vender che resulte máis cómodo.

Pásache que queres levar o teu negocio ao mundo dixital, pero xa non sabes por onde empezar?

dixitaliza o teu negocio

– Perdes moito tempo intentando descifrar como funciona WordPress e estás deixando de facer o teu.
– Hai tantas tipografías como herbas en Galicia e non sabes cal escoller.
– Cada vez que te sentas a escribir os textos non sabes que dicir.
– Fixeches tantas paletas de cores con Pantone que xa ves borroso e non te decides.
– Creaches un logo nunha páxina que chos xera gratis, pero parécese moito a outros que viches.
– Tes claro que os teus valores van a misa, pero queres vender sen soar a comercial de Biblias.

Cómo sería para ti dixitalizar o teu negocio cunha identidade de marca que te diferencie da competencia e uns textos cos que vender che resulte cómodo?

É normal que non saibas por onde empezar a crear a web, que cores se adaptan mellor ao teu negocio, nin como escribir uns textos que che axuden a vender e cos que te sintas cómoda.

Por iso nos gustaría axudarche a sentirte menos perdida e máis a gusto co teu proxecto. Porque:

 

              > Queremos que te sintas identificada coa túa imaxe de marca.

              > Queremos que os teus textos fagan que vender che resulte máis fácil.

              > Queremos que teñas unha web da que te sintas orgullosa e queiras ensinar.

Para que ti poidas centrarte no teu traballo.

Descubre Dixitaliza o teu negocio

Un servizo para o que nos xuntamos unha deseñadora gráfica e unha copywriter co obxectivo de axudar a proxectos con impacto social e ambiental responsable a ter presencia en liña e unha identidade de marca recoñecible:

 

         > Sen descoidar o teu traballo.

         > Sen estresarte porque non dás a todo.

         > Sen renunciar aos teus valores.

Con Dixitaliza o teu negocio conseguirás un negocio 100 % adaptado ao mundo dixital e en funcionamento.

         > Aumentarás a confianza en ti e no teu proxecto.

         > Chegarás ao teu público e serás máis rendible.

         > Comunicaraste como ti pensas e de maneira estratéxica.

         > Obterás unha web que che guste ensinar.

dixitaliza o teu negocio

Que inclúe o pack Dixitaliza o teu negocio?

dixitaliza o teu negocio

Ademais…

         + Tomaremos un café virtual cando te poñas en contacto con nós para coñecernos e coñecer o teu proxecto.

        + Ao finalizar cada servizo do pack xuntarémonos por videochamada para entregarcho e modificar algunha cousa de ser necesario.

        + Tomaremos outro café* virtual ao rematar todo para facer unha revisión en entorno web do conxunto.

*Que se prefires viño nesta, tamén festexamos contigo.

Sabemos a dor de cabeza que pode chegar a ser coordinalo todo. Por iso nos xuntamos para que dixitalizar o teu proxecto sexa máis fácil.

Somos Lole e Marta e arrexuntámonos para poñercho fácil.

*E porque nos caemos ben. Todo sexa dito.

Porque para ter unha web estratéxica e funcionando necesitas:

 

          > Unha imaxe de marca definida (branding).

          > Uns textos enfocados na túa clientela (copywriting).

          > E un desenvolvemento web para montalo todo e que funcione ben.

 

Isto supón que necesitas mínimo dúas persoas para facer todo o proceso, ademais de asegurarte de que están en contacto para que saia todo a pedir de Milhouse.

 

E por iso xa vimos xuntas da casa. Porque arrexuntadas argallamos máis e mellor.

Pack web Dixitaliza o teu negocio

dixitaliza o teu negocio

– Imaxe de marca definida.

– Textos cos que vender sexa máis fácil.

– Web que ensinarás con orgullo.

+ Sen descoidar o teu traballo.

+ Sen renunciar aos teus valores.

NÚMERO DE PROXECTOS LIMITADOS

(Só podemos coller 2 proxectos ao mes)

 

*A pagar en 2 prazos. Se necesitas dividilo máis, fala con nós.

 

dixitaliza o teu negocio

Aquí tes algunhas referencias

Quizais te estás a preguntar…

 

Fas o copy só en galego?

Non. Tamén fago o copy en castelán. E se queres a web nas dúas linguas, tamén a podemos facer. Falamos e vémolo.

E se non me gusta algo?

Durante o proceso imos axustando. Primeiro faremos unha videochamada para coñecernos e coñecer o teu proxecto e enviarémosche despois dous formularios para que nos indiques as túas preferencias. Pero tamén faremos varias reunións a medida que avancemos para que nos digas se hai algo que non encaixa contigo e así poder corrixir e continuar sobre seguro.

Por que a tenda online é máis cara cá web estándar?

É máis cara porque dá máis traballo. Hai que crearlle máis páxinas (unha por produto, ademais da integración das pasarelas de pago) e tamén máis contido.

Canto tempo tardades en facer un pack con branding, copywiting e desenvolvemento web? E un con tenda online?

Iso depende das necesidades de cada proxecto e de se nos envías presto toda a información que che solicitamos. Pero máis ou menos, unha web estándar lévanos dous meses e medio desde que nos envías a información que che solicitamos e unha tenda online tres. Gústanos dedicarlle tempo para facelo con mimo.

Canto tempo tardades en facer unha páxina de venda?

Ao igual que che contaba na pregunta anterior, pode variar moito dependendo dos factores. Pero aproximadamente desde que nos envías a información que che solicitamos lévanos mes e medio. É o servizo do pack que menos tempo nos levaría.

E se só necesito un dos servizos e non un pack?

Se só precisas un dos nosos servizos, contacta con nós e farémosche un presuposto só para o que precises. Pero ten en conta que o poñemos como un pack porque ten un prezo máis económico ao contratalo así que se contratas os servizos por separado.

E se necesito pagar en máis de dúas veces?

Fala con nós e axudámosche a dividir o pago en máis tramos. Sen problema!

Se escribes ti a web, soará a min?

Si. O formulario que che enviarei para o copy é precisamente para coñecer mellor como funciona o teu negocio e mergullarme nas túas palabras. Ademais, teremos unha reunión cando che entregue os textos e se ves que algo non encaixa contigo modificámolo.